Diversas actividades conforman a celebración do Día dos Medios en Galego

06 Febreiro 2024
Valentín García e Pablo García na presentación do Día dos Medios en Galego (Foto:: Arxina)

Este 7 de febreiro, como cada ano desde 2018, Galicia conmemora o Día dos Medios en Galego, unha data que rende homenaxe á publicación xornalística escrita integramente na lingua propia do país, O tío Marcos d’A Portela, editada por vez primeira por Valentín Lamas Carvajal en 1876, en Ourense.

Seis anos despois de se pór en marcha esta iniciativa, a comunidade de prensa en galego continúaa medrar e suma xa máis de 130 o medios que o utilizamos a lingua propia da Galiza nas informacións do día a día, entre eles O Barbanza e Código Cero.

Este martes Pablo García, presidente da  Asociación de Medios en Galego, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, presentaron en Compostela o programa de actividades para conmemorar esa data, un programa que estará marcado por tres aspectos: roteiros, música e divulgación.

García apuntou a que o Día dos Medios en  Galego é unha xornada “festiva e reivindicativa”, e que este ano, ademais, coincide co 175 aniversario de Valentín Lamas Carvajal, “unha figura que é necesario lembrar”. Neste sentido, indicou que están en elaboración unhas unidades didácticas que poderán descarregarse da web de Amega.

Pola súa parte, Valentín García dixo que Lamas Carvajal “tivo a ousadía” naquel tempo de publicar un medio en galego, e afirmou que “en calquera proceso de normalización dunha lingua é moi importante ter unha estrutura de medios que fagan uso do idioma”. 

‘A memoria da prensa en galego’ é o título das xornadas e roteiros xornalísticos que se desenvolven nestes mes de febreiro co gallo do Día dos Medios en galego. Organizadas pola Amega e co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), a primeira cita será este 7, na Estrada. O disparo de saída darao Pedro Pérez na Praza da Música, coa historia de Radio Estrada. Ás 12:15 horas, na Calvo Sotelo, Marcos Borrageros falará da Asociación Vagalumes, e ás 12:30 horas será Pepe Rodríguez quen, na Avenida Benito Vigo, debulle a figura do fundador de Estrada Televisión.  A seguinte parada será nos Xardíns Municipais, frente ao monolito aos irmáns Valladares, onde Laura Filloy falará de Avelina. Para rematar, na praza do Concello, o edil de Cultura, Juan Constenla, entregará o premio Manuel Reimóndez Portela. Tequexetéldere ofrecerá unha actuación musical.

O 17 de febreiro os roteiros xornalísticos serán na Pobra do Caramiñal e en Compostela, este organizado por O Barbanza e co seguinte programa:

11:00 h. Visita á Torre dos Valle Bermúdez, declarada monumento histórico-artístico de carácter nacional e ó Museo Valle-Inclán decano do país. Intervención de Antonio González Millán – Director da institución.

11:30 h. Ponencia: “Ramón del Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal”. Intervención de Xaquín del Valle-Inclán Alsina – Biógrafo. Investigador. Crítico literario.

12:00 h. Ponencia: “Un intelectual de corte europeista. Victoriano García Martí: labor xornalistica ” . Intervención de Arantxa Fuentes Ríos – Profesora da USC e doctora europea en Teoría de la Literatura y Literatura Comparada.

12:30 h. Roteiro biográfico “Ronsel de xenialidades: Valle-Inclán e García Martí, de Galicia ás letras internacionais”. VV.AA. percorrido comentado por lugares vividos ou recreados nos seus textos.

13:30 h. Visita comentada ao Pazo do Couto, no núcleo histórico do Castelo. Intervención de Antonio González Millán – Especialista en Historia e Arte de Galicia e en Museoloxia.

Todos los roteiros son libres e non se necesita inscribirse.

O día 22, na sala INN Club da Coruña habrá un concerto, no que participarán De Ninghures e Fillas de Cassandra. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.