18F: Os socialistas reivindican en Lousame máis infraestruturas e servizos na comarca

16 Febreiro 2024

María Outeiral, candidata número sete pola provincia da Coruña e representante do Barbanza, puxo de manifesto as necesidades que a comarca ten en canto a infraestruturas e servizos. A candidata fíxoo nunha comida en Lousame na que estivo acompañada de compañeiros e compañeiras da candidatura e das agrupacións socialistas da comarca.

Unha das principais demandas dos socialistas de Lousame é “a necesidade de solo industrial para a xeración de emprego” pois está proxectado, sinalaron, “pero non se tramitan os permisos necesarios para a súa habilitación”. Outeiral fixo saber que “a necesidade de superficie industrial é xeneralizada en toda a comarca, a Xunta de Galicia leva dez anos sen crear un so metro de terreo industrial, o que prexudica directamente á economía dos nosos concellos ao non poder instalarse novas empresas que favorezan o dinamismo económico do Barbanza”.

O mesmo pasa, dixo, cos servizos de dependencia e o centro de día de Lousame que conta cuns custes excesivamente elevados para a veciñanza da zona. “Os socialistas apostamos polos servizos e estes deben ser un servizo e non un beneficio. Non se pode consentir que a sanidade, a educación e a dependencia estean ao alcance dunhas minorías, teñen que ser universais para todos e todas”, recoñeceu María.

E outro das principais demandas e que tamén é xeneralizada na comarca é o problema do transporte público. “En concellos maioritariamente rurais como é o caso de Lousame, a veciñanza precisa dun transporte público que dea servizo ás principais necesidades como o médico ou o banco, e non podemos estar pendentes dun autobús que, se pasa, o fai unha vez ao día”, afirmou a candidata.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.