18F: O PSdeG demanda melloras na sanidade pública na comarca

06 Febreiro 2024

O PSdeG demanda melloras na sanidade pública nos centros de saúde da comarca e o Hospital do Barbanza. A candidata número sete pola provincia da Coruña, María Outeiral; e o portavoz socialista en Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, trasladaron as demandas e o programa socialista de Besteiro, fixérono no Hospital do Barbanza este martes 6 de febreiro. Segundo explicaron, “o Hospital do Barbanza conta con numerosas deficiencias tanto na súa estrutura como na falta de profesionais en determinadas áreas. Hai áreas deste hospital comarcal que non contan con profesionais, tendo que desprazarse a outros hospitais para ser atendidos. Non é admisíbel que unha persoa teña que agardar máis de 40 días para ter unha cita cun especialista”.

Tamén lembraron que dende o grupo socialista vense denunciando dende fai tempo a situación da sanidade pública e “o domingo quedou demostrado na manifestación”, sinalaron, engadindo que “no Barbanza temos o peor hospital comarcal en canto a listas de espera segundo os datos oficiais da Consellería de Sanidade e non se pode aceptar que a veciñanza da comarca teña que agardar máis que ninguén para ser atendidos e ter un diagnóstico”.

Explicou Outeiral que “o Partido Socialista con Besteiro ao fronte aposta por unha sanidade pública de calidade e cunha xestión eficiente que permita baixar as listas de agarda. En concellos como Boiro temos máis de 4mil persoas sen un médico asignado e vémonos obrigados a esperar máis de dúas semanas para ser atendidos polo noso médico de cabeceira. Os galegos e as galegas merecemos unha sanidade pública de calidade e iso so vai ser posíbel se o vindeiro 18 de febreiro hai cambio na Xunta de Galicia en Besteiro é o novo presidente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.