18F.O líder dos populares galegos, Alfonso Rueda comprométese a ser o presidente de todos “sen distincións”

19 Febreiro 2024

O líder do PPdeG Alfonso Rueda considerou que Galicia deu este 18F unha “mensaxe a España” de que “non quere chantaxes, nin facelas nin estar sometidos” (a elas) e aposta pola “igualdade”, a “dignidade” e o “entendemento”.

Nunha comparecencia en Santiago de Compostela, tras coñecer os resultados electorais cunha nova maioría absoluta para o PPdeG, a quinta e a primeira para el, afirmou que Galicia “votou polo sentidiño” e agradeceu especialmente o labor do líder do PP Alberto Núñez Feijóo, que “marcou o éxito desta noite” e “é unha parte moi importante desta vitoria”.

Rueda comprometeuse a ser un “presidente para todos”, mesmo para os que non o votaron, que poden “estar tranquilos”, e dirixiuse aos partidos da oposición, BNG e PSdeG, para reclamarlles que traballen todos pola comunidade autónoma e advertilos de que gañou a Galicia “sen tensións, nin disputas nin problemas”.

Feijóo ten previsto viaxar hoxe a Galicia para asistir á reunión da Xunta Directiva Nacional do PP galego, que analizará os resultados electorais do PP, que logrou 40 escanos, segundo sinalaron fontes populares. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.