Detido un veciño de Ribeira por roubar un coche e fuxir 8 quilómetros

20 Febreiro 2024

A Garda Civil detivo a un veciño de Ribeira na localidade de Ames logo de roubar un automóbil e evadir aos axentes durante 8 quilómetros antes de ser capturado.

Os feitos coñecidos hoxe ocorreron o pasado xoves 15 de febreiro, cando unha patrulla en Teo avistou un vehículo circulando sen matrícula dianteira, coincidindo cunha denuncia polo roubo dun modelo similar na zona.

Os axentes tentaron deter o automóbil para verificar a súa situación, pero o condutor ignorou os sinais oficiais e emprendeu unha fuxida a gran velocidade, poñendo en risco a outros condutores. A persecución continuou de forma temeraria por varias estradas, incluso chegando a circular pola beirarrúa no centro urbano de Milladoiro, en Ames, o que resultou en danos materiais e lesións leves a dous ocupantes doutro vehículo.

Tras deterse debido ao tráfico, o condutor abandonou o coche e tratou de escapar a pé, pero foi interceptado polos axentes. Confirmouse que o automóbil foi roubado en Teo e que a matrícula traseira non correspondía ao vehículo. Ademais, descubriuse que o home non tiña permiso de conducir debido á perda de puntos.

A Garda Civil procedeu á súa detención por presunta implicación en varios delitos, incluíndo roubo de vehículo, falsificación de documentos, condución temeraria e condución sen licenza. A detención tamén permitiu esclarecer outros 14 delitos, como roubo, condución temeraria, danos e desobediencia grave á autoridade. O individuo foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Santiago, xunto coas dilixencias correspondentes.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.