Xoves regresan as chuvias con baixa das temperaturas

03 Xaneiro 2024

Unha nova borrasca afectará a Galicia durante esta xornada, cunha fronte fría asociada que traerá unha masa de aire moi frío procedente do Atlántico norte. Deste xeito agárdanse ceos nubrados con chuvascos que comezarán a rexistrarse pola mañá na metade oeste e que serán xeneralizados a partir do mediodía, ocasionalmente acompañados de sarabia; a cota de neve irá en progresivo descenso, ata rematar a xornada nos 800 metros. As temperaturas descenderán, tanto as mínimas como as máximas. O vento comezará a xornada do suroeste, con intervalos fortes, cambiando a oeste-noroeste na segunda metade do día.

Vento do sudoeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...