“Volta ao veo: a Xunta descoñece os termos do protocolo anticontaminación”. Antón Luaces

09 Xaneiro 2024

O concello de Ribeira, segundo dixo o seu alcalde, Luis Antonio Pérez Barral, foi o primeiro en trasladar á Xunta a aparición nas praias deste municipio de milleiros de pellets de plástico guindados ao mar perto de Viana do Castelo (Portugal) dende un dos seis contedores caídos desde a cuberta do mercante liberiano Toconao. Tal comunicación tivo lugar o día 13 de decembro, como informou O Barbanza e como o Goberno central dixo en distintas oportunidades, ainda que o autonómico nunca o recoñeceu oficialmente. O por que desta decisión de non admitir a transmisión do acontecido só ten unha explicación: as derivadas dunha intervención gobernativa no asunto en datas tan próximas á campaña electoral de febreiro destinada á conformación dun novo goberno autonòmico. Porque de non ser así, habería que pensar que a Xunta, como xa acontecera durante a crise do Prestige, ou ben descoñece os termos e protocolos de aplicación do Plan de Emerxencias Marítimas ou, na súa actuaciòn, mantivo unha postura para nada acorde co previsto.

Este martes, o goberno galego mudou de actitude e subiu ao nivel 2 o devandito plan anticontaminación (Camgal) “porque o Goberno central esixe ese requisito para traballar no mar”, dixo Alfonso Rueda, para evitar deste xeito que os pellets cheguen ás praias.

Ata este martes o xa citado plan Camgal atopábase no nivel 1, que é o que corresponde a episodios de pequena gravidade e que en absoluto admiten os vontarios que veñen traballando (ao igual que o fixeron no caso do Prestige) para evitar danos maiores na fauna e para os mariñeiros que viven da pesca e o marisqueo. 

A Xunta, polo tanto, obviou que os acordos de colaboración entre as administracións estatal, autonómica e municipal estabelecen a fixación do nivel 2 para que se produza a intervención estatal e, neste caso concreto, traballar mancomunadamente na contención do vertido de pellest de plástico. Así o fixo Asturias e así o van facer, probablemente, Cantabria e Euskadi, territorios aos que tamén chegou a contaminación mariña por plásticos. Non se trata dunha “esixencia”, senon da plasmación nun plan determinado de cal debe ser a actuación de cada unha das administracións -incluídas as municipais- en circunstancias como as anteditas. 

A maioría dos pellets seguen no mar. Non se sabe cantos nen tampouco o número de sacos que se guindaron a el por mor do mal tempo fronte ás costas portuguesas. Eis o motivo de aplicarse con dilixencia na recolleita no mar dos sacos que aboian nel, antes de que os mesmos cheguen á liña mareal e ás rochas nas que se espallarían pola costa os tantas veces citados pellets ao se derramar os sacos que os transportan.

Para a Xunta, que cita informes científicos, as bolechas de plástico ou pellets, non conteñen materias tóxicas. Son empregadas, entre outros, para uso alimentario. As organizacións medioambientalistas e xudiciais non concordan nesa apreciación. Tampouco os partidos políticos da oposición.

Segue a chamar a atención que Portugal non dera informaciòn algunha a respecto dun accidente de graves consecuencias medioambientais rexistrado en zona marítima da súa responsabilidade e que, sen ao parecer afectarlle directamente, sí ten consecuencias en augas e costas dun Estado veciño co que ten vínculos certamente afectivos e de interese importante.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.