“Vandalismo máis aló da cultura: as talibáns dos museos europeos” – Antón Luaces

29 Xaneiro 2024

Marzo de 2001. Os talibáns facían anacos os famosos budas de Bâmiyán, os máis altos do mundo, sentinelas silandeiros durante 1.500 anos do val de Bâmiyán.

Eran dúas monumentais estatuas talladas a ambos os lados do val, no Afganistán central, situado a 230 quilómetros ao noroeste de Kabul, a unha altura de 2.500 metros sobre o nivel do mar.

A destrución foi un acto de desafío ao mundo exterior e unha mostra da ideoloxía extremista do réxime talibán. Un acto de puro vandalismo que causou a perda dun patrimonio cultural incalculable.

París, 2024. Domingo, 28 de xaneiro. Museo do Louvre. Dúas mulleres de 24 e 64 anos cada en súa, protagonizaron un máis dos actos vandálicos contra a cultura que semellan estar de moda no tempo actual. Neste caso concreto, contra unha das mostras pictóricas máis importantes do mundo: A Gioconda,  pintada no século XVI por Leonardo da Vinci.

As citadas dúas mulleres, integrantes do grupo Resposta Alimentaria, esparexeron sobre o cadro -protexido dende o ano 2005 por un groso cristal, após outros atentados asimesmo incualificables- o contido de senllos “botes”, unha especie de sopa de fideos con salsa alaranxada que, en boa hora, non afectou a esta obra de arte recoñecida mundialmente.

Os talibáns afganos marcaron en grande medida o camiño a seguir para causar estragos na historia cultural do mundo, sen ter en conta o valor de aquelo que destruían. As dúas “talibáns” do Louvre non  proclamaron consinas políticas nen relixiosas. O seu foi reivindicar a importancia da alimentación “sa e duradeira” porque “o sistema agrìcola está enfermo” como ao parecer se evidencia en Francia, onde unha de cada tres persoas “salta” as comidas por falta de medios. Deste xeito reclamaron  a integración  dos alimentos no sistema xeral da Seguridade Social.

Mentres tanto, agricultores franceses impiden a circulación de camións españois e italianos cargados con toneladas de produtos comestibles -destinados a mercados e distribuidores comunitarios- que, nalgún caso, foron queimados ou guindados ás mesmas estradas sen que se tivera en conta o misterioso sorriso da Mona Lisa. 

Descoñezo se estas dúas “altruístas” mulleres pensarían en se os milleiros de camioneiros retidos no interior dos seus vehículos, pasando frío e sen descanso, coa perda dos seus salarios, puideron ou non “saltarse” a súa comida por non estaren integrados da Seguridade Social francesa e sen que o grupo Resposta Alimentaria  fixera nada por eles.

Este mundo está, definitivamente, tolo. O sorriso da Gioconda xa ten unha explicación  fiable.

Outros artigos

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

+

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...

+

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

+

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...