“Un Plan de saneamento anual para salvar a produtividade das rías”. Antón Luaces

25 Xaneiro 2024

O patrón maior da confraría de pescadores de Noia, Santiago Cruz, con 22 anos no cargo e 40 de mariscador, reclama á Xunta a posta en marcha dun plan anual de saneamento porque “as rías non soportan máis a contaminación que lles afecta dende vai moito tempo. Dóulle un máximo de dez anos de vida, que son os que os mariscadores poderemos aproveitar tendo en conta que a produciòn de marisco vai claramente a menos. E para os mexilloeiros, cinco anos máis polo feito de estaren as súas fontes produtivas un pouco por fóra das rías. Pero a contaminación destas, máis cedo que tarde, tamén lles afecta. É así porque a desalinización das augas das rías provoca reaccións adversas en todos os bivalvos; e o mexillón, como o berberecho ou a ameixa son filtradores e se as rías non están en condicións, tampouco eles o están. Deberiamos preocuparnos, e moito, por este estado de cousas porque nos xogamos a sobrevivencia do marisco, do mar e a nosa como traballadores deste medio”.
Santiago Cruz, que asegura non ser político -“o meu voto é meu, e outórgollo a quen me parece que defende ou pode defender mellor o sector que represento”, afirmou en declaracións a O Barbanza- e por esto non entende o posicionamento contrario das federacións -nacional, galega e provinciais- de confrarías de pescadores pola convocatoria da manifestación en Santiago en demanda de solucións para as rías e contra os contínuos vertidos contaminantes a estes “viveiros de vida e traballo”: “Compre cambiar o rumbo nas políticas medioambientais. Todos no sector sabemos que as rías non soportan máis vertidos. É necesario un plan de saneamento anual das rías. As plataformas cidadáns, medioambientalistas, varias confrarías de pescadores e a maioría dos mariscadores galegos participamos na protesta porque apoiando a manifestación de Santiago estabamos reclamando saídas para o noso medio, que é o mar. Se causou malestar nas federacións teño que respostar que foi na defensa do noso, porque somos afectados. As federacións de confrarías nunca se mobilizaron cando reclamamos a eliminación de vertidos mineiros, de puríns, etc., aos ríos, malia seren sabedores de que a contaminación dos ríos é tamén contaminaciòn para as rías e destas para o mar aberto. Están exterminando o noso medio de vida e semella que non se decatan. E agora a Xunta rebaixa novamente o nivel de alerta porque din que o mar non trae á costa tantos pélets como traía. É que non saben que as correntes e o vento cambian e que estes cambios poden facer que os granulados que aboian no mar poden volver en calquera momento aos areais?. Deberían manter uns días máis o nivel 2, aguantar un pouco máis. O deles é tapar. Na ría de Muros-Noia, o mesmo que na de Arousa, hai vertidos de todo tipo, e aínda así estamos a tempo de salvalas: sanear as rías e mellorar os ecosistemas debe ser o obxectivo, ao meu criterio como mariscador”.
Os responsables do Plan Camgal (Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia) baixará nivel 1 o de alerta 2 que se mantén nas praias galegas polas mareas de granulados de plástico (pélets) desde o pasado 9 de xaneiro.
Dúas semanas dempois da decisión de subir á situación de risco 2, a Xunta considera oportuna a baixada progresiva da mesma durante esta semana debido a que, a aparición de pélets vai á baixa, o que non garante que no volva subir ese nivel se incrementara a situación de risco. Os medios de limpeza e vixilancia serán retirados paulatinamente.

Outros artigos

Xoves 14, nubes e claros e risco de chuvias cara a noite

O xoves quedamos entre o anticiclón e as baixas presións . Agárdase un día de ceos con nubes e claros con posibilidade de chuvascos máis probables no sur da Comunidade e a últimas horas do día. As temperaturas sufrirán un moderado ascenso. O vento soprará do nordés...

+

Un home resultou ferido en Noia tras ser atropelado

Pasadas as 9:15 horas, os servizos sanitarios alertaron ao 112 Galicia de que un home acababa de ser atropelado na rúa da República Argentina, en Noia. O ferido presentaba lesións en ambas pernas, pero estivo liberado e accesible en todo momento. De inmediato, desde o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

Nélida Piñón fue, debería decir es, un ser de realidades inusitadas, desacostumbradas al menos. Pervive en su obra inmensa, en sus obras, en sus archivos, y sobre todo en el cariño de sus amigos, en el recuerdo de sus admiradores, en la evocación permanente de los...