“Un plan de acción a longo prazo para os mariscadores galegos” – Antón Luaces

18 Xaneiro 2024

O episodio dos pélets non se pechou. Simplemente queda adiado pola acción de Irene, a borrasca que afecta estes días a Galicia -especialmente á costa- que, ao tempo que leva ao centro do Atlántico a “marea branca” de pélets de plástico, traerá a mesma nas seguintes semanas a aqueles  lugares nos que os activistas voluntarios e os 400 traballadores contratados polas empresas Tragsa e Seaga foron quen de recoller perto de 3.000 quilogramos (o contido aproximado de 120 sacos dos que se supón levaba o contedor perdido fronte ás costas de Viana do Castelo polo buque mercante Toconao, abandeirado en Liberia) desas boliñas de plástico. Este mércores, malia os problemas climatolóxicos, foron recuperados máis de 300 quilos de pélets (uns 12 sacos  destas bolechas). 

As actuacións citadas leváronse a cabo nos últimos días nun total de 58 praias de 28 concellos costeiros de Galicia. Agora, por mor do mal tempo, esta capacidade “recoletora” baixou notablemente, o que non quere dicir -segundo a conselleira de Medio Ambiente- que se baixe a vixilancia. Esta mantense no parque nacional Illas Atlánticas e o parque de Corrubedo (Ribeira), áreas especialmente sensibles á contaminación, ao igual que no resto da costa. 

Mantense, ao mesmo tempo, o disenso entre a Xunta e Goberno central, con acusacións mutuas sobre a responsabilidade de cada quen na resolución deste novo episodio contaminante que afecta sinaladamente aos mariscadores, como recoñecía este mércores, en declaracións a O Barbanza o patrón maior da confraría de pescadores de Noia, Santiago Cruz, para quen o dos pelets “é unha vertedura máis nas moitas de todo tipo que rexistran a cotío as rías galegas, nomeadamente a de Muros-Noia”. A contaminación aquí no é froito dun día: “A Consellería de Medio Ambiente necesita como auga de maio un plan para eliminar as verteduras. As rías deben ser saneadas, precisan dun cambio na política medioambiental. As rías producen cada ano menos, e todos sabemos -incluída a Consellería- que o berberecho e a ameixa da nosa ría é un ben do que vivimos moitos homes e mulleres da contorna porque son base da nosa economía. O control sanitario das rías é máis que obrigado”.

Santiago Cruz, a respecto do “desencontro” Xunta-Goberno pola contaminación por pélets, coida que uns e outros “tardaron moito en respostar a esa emerxencia”. Após máis de dúas semanas sen atender esta, a primeira resposta chegou, coma sempre nestes casos, da man dos voluntarios, que reaccionaron moito antes que aqueles que teñen a obriga social e política de facelo inmediatamente. O labor dos voluntarios témolo que agradecer porque sen eles as cousas serían moi distintas”.

Ao problema dos pélets súmase ao da baixa salinidade do mar a causa dos temporais de choiva dos meses de outubro e novembro, que fixo que os mariscadores tiveran que suspender o seu traballo na ría, con altísimas porcentaxes de berberecho e ameixa mortos. Ata o punto de dar por perdida  a produción e, polo tanto, os seus salarios. 

“Houbo, finalmente, unha liña de axudas económicas (coa aportación dun 75% da UE) para os mariscadores profesionais -lembra o patrón maior de Noia- pero o 40% destes non poden acollerse a elas porque o Instituto Social da Mariña (ISM) esixe un ano de cotización en cada bienio e as borrascas de 2023 e outras antes non permitiron faenar e non puideron cotizar. Ese requisito de 120 días cotizados en dous anos non é lóxico. Uns e outros son profesionais e o ISM sábeo”,

En boa medida, o dito a O Barbanza polo patrón maior de Noia, concorda co que, a este mesmo medio, sinalou tamén o mércores o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e patrón maior do pósito de Ribeira, José Antonio Pérez, que está a debater no seo da organización galega do sector sobre a axenda para o marisqueo, decidido defensor da aplicación a longo prazo dun plan de acción consensuado entre as Consellerías do Mar e Medio Ambiente e o sector marisqueiro. 

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.