“Un paso avante, que xa deu o vontariado, para beneficio de quen?. Antón Luaces

13 Xaneiro 2024

Endurecer as medidas de control dos buques que transportan materias tan problemáticas para o ámbito marítimo é a formulación de distintas organzacións que, por certo, foron as primeiras (sempre é o mesmo) en limpar as praiais galegas emporcadas polo  vertido de pellets, material que, xunto con outros refugallos plásticos afogan os nosos mares sistemáticamente: ata 12 millóns de toneladas de plástico entran anualmente nos mares de todo o mundo, o que supón o 80%  da contaminación mariña, segundio informa Greenpeace.

A citada organización medioambientalista solicitou á ministra para a Transición Ecolóxica que dea un paso avante en apoio á creación dun Tratado internacional ambicioso para frear a contaminación por plásticos; que prevexa a xeración de refugallos, aposte pola reutilización e a posta no mercado de produtos non tóxicos; controle o cumprimento dos obxectivos da Lei de Refugallos e, polo tanto, se deixen de plastificar froitas e verduras en grandes superficies e comercios; prohiba o uso de envases dun só uso, non reutilizable ou reciclable ao 100%; fomente a reutilización con obxectivos  cuantificados e obrigatorios; se asegure de que as empresas produtoras e envasadoras asuman a responsabilidade e o custo total das súas accións, e prohiba o desperdicio alimentario e a obsolescencia programada.

En definitiva, Greenpeace demanda da ministra Teresa Ribera que tome medidas para reducir a produción e consumo de plásticos que asfixian os nosos mares.

É un chamado á boa praxe, que foi o que tamén se fixo coa intención, disque, de diminuir o uso de bolsas confeccionadas con material plástico nas que as grandes, medianas e pequenas  superficies comerciais envasan os artículos que os usuarios adquirimos nelas. Pero o certo é que non se acadou outra cousa senon facilitar maiores gañanzas aos expendedores desas bolsas porque estas seguen a venderse aos consumidores

Máis aínda: unha das máis importantes firmas comerciais de España, con tendas en prácticamente todas as grandes cidades do país, gábase de non envasar en bolsas plásticas as compras realizadas polos seus clientes, pero sí o fai se estes aceptan previamente o pagamento polo seu uso. É dicir, non hai negativa a envasar en bolsas plásticas as compras realizadas, só que se o cliente quere tal envase, debe pagalo. Resultado: as bolsas irán parar, coma sempre, aos contedores públicos  de lixo e o  centro comercial de turno percibe un beneficio que nunca percibía antes de que o Goberno dera ese paso avante que agora se reclama á ministra Ribera por parte de Greenpeace. 

Mentres esto acontece, vontarios, asociacións de ecoloxistas e os propios concellos afectados limpan as praias destes microplásticos e pélets, estes perdidos o 8 de decembro a unhas 20 millas da fronteira marítima sur de Galicia con Portugal que na actualidade chegan como “marea branca” ás costas da propia Galicia e, como xa pasara no caso do Prestige, ás de Asturias, Cantabria e Euskadi. Quen sabe se, debido ao temporal de mar e vento, os pellets non son levados ata as costas de Francia.

O contedor caído ao mar o 8 de decembro dende a cuberta do  mercante Toconao (IMO 9627899) que navega baixo bandeira liberiana, podería ter no seu interior entre 800 e 1.000 sacos de 25 quilos cadanseu de pellets, o que significa que en cada saco habería 1,25 millóns de microplásticos.

Vuiránn todos eles á costa galega?.

Outros artigos

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

+

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...

+

“Organizacións pesqueiras” – José Manuel Pena

Cada vez hai menos capturas, menos pescadores e poucos ingresos por iso é polo que sexa importante para o sector extractivo asistir ao xerme de novas organizacións pesqueiras nas rías galegas que pretendan, entre outras iniciativas, implantar a comercialización dentro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Hispanidad, motivos para celebrar”. José Antonio Constenla

“La Hispanidad, motivos para celebrar”. José Antonio Constenla

El 12 de octubre de 1492 es más que un año del S. XV, es una de esas fechasque marcan el devenir de la humanidad. Un viaje convertido en gestaprácticamente suicida: navegar 70 días el Atlántico en un pedazo de madera,con la convicción inquebrantable de estar haciendo...