Últimas prazas dispoñíbeis para o Programa Integrado de Emprego de Boiro, A Pobra e Rianxo

05 Xaneiro 2024

O prazo para inscribirnos no Programa Integrado de Emprego que desenvolven os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra xa vai entrando na súa recta final, coas últimas prazas dispoñíbeis. Trátase, como lembraremos, dun programa destinado a mulleres demandantes de emprego da comarca, que recibirán formación específica adaptada aos principais sectores produtivos da zona, así como formación transversal para a busca de emprego.

Para máis información cómpre visitar a web do Concello de Boiro.

As inscricións para participar están abertas e poden facerse no departamento de Emprego do Concello de Boiro. Trátase da quinta edición dun programa que ten como finalidade a formación para a inserción laboral de persoas desempregadas.

A convocatoria deste ano está destinada a 100 mulleres da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante un ano, recibirán formación específica acorde aos principais sectores produtivos da zona, así como formación transversal orientada á mellora de habilidades para a empregabilidade e inserción laboral.

A formación específica por módulos deste programa inclúe envasado, acondicionado e embalaxe de produtos alimentarios; elaboración de pezas cárnicas; sistemas e procesos loxísticos; mercadotecnia en liña; atención ao cliente… así como formación en habilidades sociolaborais, idiomas e novas tecnoloxías, prospección de ofertas de emprego…

As participantes contarán cunha bolsa de asistencia de 10 euros por día, así como un módulo específico de prácticas en empresas do Barbanza.

Ademais, para facilitar a conciliación, os ditos Concellos apostarán polas novas tecnoloxías permitindo a adaptación do horario e a flexibilidade en función da necesidade das asistentes.

Para participar as persoas interesadas deben inscribirse como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar a asignación do código 930. Máis información sobre o programa nos enderezos electrónicos cesar.cortinas@boiro.gal e fatima.gomez@boiro.gal ou nos teléfonos 650 042 409 ou 659 247 963.

O Programa Integrado de Emprego 2023-2024 do Concello de Boiro en colaboración cos Concellos de Rianxo e A Pobra do Caramiñal está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia e con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...