UCGAL critica ao Goberno de España por excluír novamente o peixe e a carne dentro das medidas fiscais de rebaixa ou eliminación do IVE

12 Xaneiro 2024

A UCGAL (Unión de Consumidores de Galicia) emitiu un comunicado logo de coñecer a decisión do Executivo central de eliminar a aplicación do IVE ao aceite de oliva no marco das recentes negociacións entres distintos grupos parlamentarios, UCGAL considera “unha nova oportunidade perdida” a “insistente negativa do Goberno de España a aplicar medidas desta natureza a outros produtos básicos da cesta da compra como o peixe ou a carne”.

A organización considera que “coa decisión adoptada caen por si mesmos os argumentos esgrimidos desde o MAPA ou desde o Ministerio de Facenda xa que logo non se pode xustificar a medida sobre a base do aumento de prezos do aceite, xa que esta suba está sendo tamén moi significativa no caso de produtos do mar, os cales están a quedar fóra da cesta da compra de milleiros de familias que non poden permitirse o seu consumo debido ao elevado prezo”. UCGAL lembra que “preto do 70% dos galegos consideran que a rebaixa ou supresión do IVE podería incentivar o consumo de peixe, un produto básico na conformación dunha dieta equilibrada e saudable e cuxa calidade proteica está avalada polos máis recoñecidos profesionais da nutrición”.

UCGAL alerta tamén do “enorme risco” que para o sector e milleiros de familias que viven do mar están a ter distintas afirmacións ou noticias que alertan do perigo de consumo de peixe galego como consecuencia do episodio de vertido de pélets que afecta ás costas de distintas CC.AA, xa que “considera que no actual contexto europeo de seguridade alimentaria, nunca estes aglomerados plásticos chegarán ás nosas mesas”. A organización di que con este proceder fáiselle un fraco favor ao sector e a un produto cuxo consumo non deixa de decrecer en toda España e que “neste momento precisa de políticas de fomento do seu consumo e non de campañas de descrédito que contribúan a desbotar precisamente a implementación de medidas fiscais tan necesarias para favorecer o seu consumo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.