“Todo depende dos concellos. Xunta e Goberno, sen gaita que tocar”. Antón Luaces

14 Xaneiro 2024

O caso é que se responsabilicen outros: os pélets non son prato de gusto para aqueles que, en teoría, deben responsabilizarse dunha emerxencia no mar que deriva á costa. 

Os concellos deben ser os que habiliten contedores ou locais de almacenamento para os granulados. Así o establecen os protocolos de actuación publicados o pasado xoves polo goberno autonómico. Mais a Xunta semella que non aporta outra solución a un problema que afecta a importantes colectivos do mar e mesmo á economía de Galicia.

Todo queda en mans dos voluntarios cos seus coadores, capazos e peneiras e as axudas dos municipios afectados polos vertidos de pellets e a mínima representaciòn da Xunta. Os primeiros non dispoñen de máis indicacións para a súa actuación posterior á recolleita das bólas plásticas. Como por exemplo onde van parar estas bolechas para o seu tratamento unha vez recollidas nos areais?. 

Pois está meridianamente claro: os concellos son os responsables directos da xestión. Así o entendeu polo menos o da Coruña, que xa instalou colectores de pellets nas praias Berbiriana e Orzán, ao igual que se fixo noutros municipios das provincias de Pontevedra e A Coruña. 

Onde depositar esas bolechas plásticas debería estar perfectamenmte establecido  para seguiren actuando as brigadas de limpeza. 

Estes días poden ser decisivos  dado o alto número de persoas -voluntarios ou empregados municipais ou autonómicos- que durante a fin de semana se sumaron ás tarefas de limpeza das praias. En Muros, por exemplo, o concello chegou a un acordo cunha empresa armadora que será a que se encargue de limpar as praias con 50 traballadores contratados, dada a carencia de axudas da Xunta e do Goberno central.

Fontes da Consellería de Medio Ambiente sinalan que os concellos “poden almacenar os pellets onde o consideren oportuno. O obxectivo é que os depositen nun punto habilitado para monitorizar a cantidade recollida”. A Xunta “colaborará” cando os concellos comuniquen que teñen unha cantidade importante de pélets almacenada: “nós recollerémolos e levarémolos a un punto de almacenamemto intermedio”. Así que aquí paz, e no ceo groria. 

Cal será o lugar de almacenamento operativo, aínda non se sabe, como tampouco o procedemento a seguir para depositar as bólas recollidas en todos os concellos afectados. Non hai nada decidido oficialmente, porque a Xunta non chegou a ese “punto operativo” que, disque, están a deseñar. Cada vez se parece máis ao proceso seguido no caso do Prestige. Só falta alguén que, reproducindo o acontecido na confraría de pescadores de Caión, lembre a Manuel Fraga Iribarne  cando, en presencia do daquela ministro de Aznar, Mariano Rajoy, sentenciara sinalando unha carteira que portaba: “Xa están aquí os cartiños”. 

Hai numerosas praias marisqueiras nas que as bólas plásticas poden ter efectos nocivos sobre os moluscos, o que pode, xunto coa alta desalinización do mar nas rías, contribuir á mortaldade dos bivalvos. Tampouco se ten a seguridade de como actuar os voluntarios na limpeza das praias, ao careceren de controis ou formación específica sobre como facelo sen danar o marisco.

A Xunta dixo, sí, que non se debe pisar nin escarvar superficies con pellets depositados polo mar, para evitar o seu soterramento na area, e salientou que se deben protexer as mans con luvas e levar roupa e calzado axeitados. 

Un protocolo consecuencia do descoñecemento que se ten da composición destes pellets ou simple prevención?.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.