The Rapants presentará “La máquina del buen rollo”, o seu novo álbum, o 23 de marzo na Sala Capitol en Sangiago

29 Xaneiro 2024

A presentación ao vivo do esperado terceiro álbum de The Rapants xa ten data: a banda muradá dará a coñecer os temas que conforman La máquina del buen rollo o sábado 23 de marzo na Sala Capitol de Compostela. As entradas para a cita, que comezará ás 21.00 horas (apertura de portas ás 20.00h), estarán dispoñíbeis a partir das 12.00 horas deste venres, 2 de febreiro, a través da www.ataquilla.com.

The Rapants iniciou 2024 coa publicación de Blaster W4u, o primeiro avance das novas creacións que o grupo presentará ao vivo nos seus divertidos e talentosos directos, dos que deron boa conta o pasado verán nos principais eventos de Galicia co seu segundo LP, nomeado O corasón como un after e que inclúe temas como La favorita ou O avión.

The Rapants nunha imaxe de Andrea Freckleseye

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.