“Sursum corda”. Xulio Xiz

07 Xaneiro 2024

Co paso dos anos notamos que a realidade é ciclica, e o noso comportamento repite ritos que nos parecen esenciais para conservar o ritmo vital.

    No verán sentimos a necesidade de cambiar de aires, evadirnos da realidade,  estar tan vivos como a natureza que nos rodea. No inverno refuxiámonos, lembrámonos da familia e dos amigos, precisamos rematar o ano cun reencontro cos nosos, con xantares pantatruélicos, agasallos e cancións, que confortan aos núcleos familiares establecidos, e funden na miseria aos que soportan soedade non desexada durante todo o ano.

    Hai que adaptarse á liturxia festeira e temos que dedicarnos a mercar agasallos para o amigo invisible, para maiores e nenos, tanto se somos devotos de Papa Noel ou Santa Claus como se seguimos profesando fe nos Reis que son Magos porque enchen o noso mundo de agasallos sen mover un dedo.

    Hai que mercar lotaría, tocara ou non o vintedous, que o sorteo do Neno é o último recurso. O das iluminacións, os últimos anos disparouse e, xa que son luces led que case non consomen, disfrutamos dunha invasión lumínica que a pouco que nos esforcemos verase desde o espazo. E está a música, os cantos pola rúa, os escaparates… ata o frío se concita para recollernos e, cruzándonos pola rúa, desexemos bo aninovo a canto coñecido atopemos.

    Seguirán a vida difícil en Ucraína, a masacre en Gaza, os naufraxios das pateiras da fame, e na nosa contorna as pequenas traxedias cotiás. A liturxia esixe que haxa festa, que hai que ser felices, e que ten que notarse. Pois por min que non quede. A pesar de todo o que cae e vai caer, desexo que as festas foran gratificantes para todos, e que este ano que estamos estreando resulte tranquiliño. Carpe diem e sursum corda.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...