
Nos dous últimos meses de 2023 acometeuse o acondicionamento das beirarrúas e cunetas en vías de titularidade municipal da Pobra do Caramiñal; unhas tarefas que se estenderon a todo o termo municipal.

A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, precisou que ao abeiro destes labores procedeuse coa eliminación da vexetación coa finalidade de mellorar a seguridade e tránsito nos camiños públicos, ademais de retirar o depósito de sedimentos para a correcta circulación das augas pluviais, especialmente durante o outono e o inverno.

Estes labores realizáronse a cargo do remanente da Tesouraría, cunha partida de 90.000 euros destinados para este fin.



