“Reagrupamento familiar” – José Manuel Pena

30 Xaneiro 2024

En moitas das nosas localidades é xa habitual atoparnos cun número importante de cidadáns norteafricanos que presentan servizos por conta allea en empresas locais. Tamén está a ser habitual que estes inmigrantes traten de solicitar a autorización de residencia, por reagrupamento familiar, para os outros membros da súa familia que aínda se atopan nos seus países de nacemento.

En relación a esta última circunstancia atopámonos cunha interesante sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de hai escasos días, no que falla contra a Subdelegación do Goberno da Coruña pola denegación inicial dunha autorización de residencia por reagrupamento familiar en favor dun fillo, por parte dun inmigrante africano que reside nunha localidade de Galicia.

O Tribunal Superior de Xustiza sinala, nesta sentenza, que “o feito da inmigración é unha realidade. Na maior parte das ocasións esta realidade ten a súa base na necesidade do estranxeiro de saír do seu país de orixe en procura de traballo e de novas oportunidades, co cal non aparece ningún dato que faga pensar que as condicións nas que vive no seu país de orixe, este menor, sexan máis favorables que as que poida ter en este”. Polo devandito motivo este menor poderá viaxar ao noso país e vivir onda o seu pai, ao descartarse que tal desprazamento puidese repercutir negativamente nos seus intereses, senón máis ben todo o contrario.

Esta sentenza deixa claro, entre outras cuestións, que cada vez certos tribunais de xustiza xa non se cuestionan tanto a suficiencia de medios económicos do reagrupante como a protección dos intereses do menor en relación aos medios afectivos, sociais, educativos e laborais do país de acollida.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...