Outes luciu proxectos sustentábeis no foro final do proxecto europeo Circular-Rur

23 Xaneiro 2024

O pasado venres 19 de xaneiro celebrouse no Náutico do Freixo o foro final do proxecto Circular-Rur, que coordina dende hai dous anos o Concello de Outes xunto con AFIPRODEL Desenvolvemento Local e no que participan institucións e concellos de Irlanda, Italia, Croacia e Alemania.

Co proxecto búscase intercambiar boas prácticas para o desenvolvemento de iniciativas de economía circular no ámbito local e rural.

No foro final celebrado no Freixo achegáronse as conclusións finais da iniciativa e presentáronse varias propostas desenvolvidas polas entidades participantes. No que atinxe ao Concello de Outes, o Goberno local debullou casos de éxito como a Aula Sostíbel do Freixo (na que traballan a prol da inclusión entidades solidarias como MISELA ou ADISBISMUR, que empregan o inmóbel para dar unha segunda ou terceira vida aos plásticos recollidos nas praias ao tempo que poñen o foco no grave problema da contaminación mariña) ou o proxecto dun estaleiro local para dar novos aproveitamentos á madeira das bateas con vistas á creación de móbeis.

O rexedor Manuel González lembrou que a sesión do pasado 19 era a segunda das xeiras de traballo desenvolvidas en Outes ao abeiro do Circular-Rur, e que as visitas dos socios europeos “contribúen a visibilizar o concello en materia de innovación e sustentabilidade”.

A estadía dos socios en Outes incluíu unha visita á Aula Sostíbel e ao recentemente recuperado Estaleiro de Ciprián, hoxe en día museo da carpintaría de ribeira e espazo de dinamización.

Máis datos do proxecto

O proxecto europeo Circular.rur Novos modelos de negocio de economía Circular para a activación do rural europeo é un proxecto de asociación de cooperación en materia de formación profesional Erasmus+ que se desenvolveu dende o 01.11.2021 ata o 01.11.2023.

O consorcio do proxecto estivo liderado polo Concello de Outes e contou coa participación da Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia, así como de socios europeos de Irlanda, Alemania, Italia, Croacia e Grecia: WIN Consultants Ltd, Meath County Council, Hamburgisches WeltWirtschaftsInstitut gemeinnützige GmbH, Comune di Capannori, Lokalna akcijska grupa Zagorje Sutla e Atlantis.

Os resultados de Circular.rur están dirixidos a profesionais da área de desenvolvemento rural e/o emprego.

O obxectivo principal consiste en “promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre economía circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan as expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos, e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernos e sustentábeis, a través do apoio intelixente da profesionais da área de desenvolvemento  rural, aos futuros emprendedores do rural europeo”.

Toda a información sobre o proxecto está dispoñíbel na súa web, circularur.eu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.