Os Reis Magos chegarán por mar a Ribeira, nas embarcacións da Confraría da Dorna

02 Xaneiro 2024

Os edís de Ribeira Francisco Suárez-Puerta, Antía Alberte e Fernando Abraldes presentaron este martes 2 de xaneiro os detalles da Cabalgata de Reis prevista para este venres 5 de xaneiro a partir das 18.00 horas. Segundo fixeron saber, As Súas Maxestades chegarán ao porto de Ribeira nas embarcacións da Confraría da Dorna e dende alí irán a pé ata a rúa de Canarias, de onde sairá todo o desfile.

A Cabalgata estará formada por dez carrozas, das cales tres son as das Súas Maxestades, unha carroza da Estrela de Belén e seis carrozas de temática infantil que xirarán en torno ao escritor Julio Verne e os seus libros. A comitiva estará formada por arredor de 300 persoas, xa que se contará coa participación de distintas agrupacións e compañías que amenizarán o evento.

No capítulo de novidades, os concelleiros explicaron que este ano amplíase o percorrido para tratar de chegar a máis zonas da cidade; pasando pola avenida da Coruña, o paseo das Carolinas, o parque García Bayón, a rúa Romero Ortiz, a rúa de Galicia, a rúa Canarias, a avenida Miguel Rodriguez Bautista e ata a rotonda da Serea, a rúa Rosalía de Castro, a rúa Martiño de Ribera e a rúa Talleres Nervión. Nesta última remata o percorrido e os Reis Magos baixarán das carrozas para dirixirse á praza de España onde está prevista a recepción e onde saudarán ao Belén Vivinte.

Durante o percorrido repartiranse 2.500 quilogramos de caramelos sen glute; e unha vez rematada a cabalgata, as Súas Maxestades saudarán a todas as persoas que estean agardando e procederán a realizar o sorteo de 3 agasallos entre os nenos e nenas que recibiron as súas rifas por visitar ao Carteiro Real, o Apalpador e o Papá Noel nas distintas actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.