Os empresarios de Ribeira piden á Xunta axilizar as obras da variante

26 Xaneiro 2024
Colocación do inicio das obras en Fafián en maio do ano pasado

A Asociación de Empresarios de Ribeira emitiu un novo comunicado sobre a variante (a estrada de circunvalación de Ribeira proxectada polo anterior equipo de Goberno para facilitar o acceso ao centro da cidade e a outros barrios de Santa Uxía dende a autovía e rexeitada polo actual Executivo, que propuxo unha alternativa “menos gravosa para o medio ambiente e os propietarios das fincas implicadas”). No comunicado a patronal amosa a súa preocupación polas obras do proxecto, “tendo en conta a posición da Deputación da Coruña de non ter entre os seus próximos obxectivos o de realizar ningunha actuación de mellora sobre a estrada DP- 7305 que transcorre de Xaras a Aguiño, pasando por Frións e que podería facer de circunvalación de Ribeira”. Este feito, segundo indicou o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, “fai máis necesario que nunca pedir á Xunta de Galicia a axilización das obras da variante de Ribeira xa en execución nun dos seus tramos”. E engade: É ao noso entender totalmente necesario blindar a execución total desta obra, así como axilizar as obras da mesma, máis aínda cando o Goberno local manifestounos que non se opón á devandita actuación”.

Por estes motivos, a patronal solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que “tome en consideración esta demanda e se é posíbel nos facilite un encontro co departamento para expoñerlle estas e outras cuestións, xa que consideramos que neste momento en que nos atopamos, as tres obras principais que máis interesan ao noso concello, son, sen importar a orde, pois todas son prioritarias, a variante, o polígono e o novo Centro de Saúde, sen esquecernos da Residencia de Maiores e outras necesarias para que Ribeira se posicione ante o futuro e non quede ancorada no seu pasado”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...