O servizo de contedores de téxtil de Boiro recolle máis de 39.000 quilos de roupa durante o ano 2023

17 Xaneiro 2024

O servizo de recollida de téxtil que leva a cabo o Concello de Boiro xunto con Cáritas de Santiago recolleu no ano 2023 un total de 39.374 quilos de roupa para o seu tratamento.

Segundo lembra o Consistorio , o servizo comezou en Boiro no ano 2020 logo da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para a colocación de contedores coa finalidade de recoller e tratar o residuo téxtil.

“A gran demanda”, sinala o Concello,” fixo que se fora incrementando o numero de contedores ata chegar aos seis que hai neste momento e que están instalados na praza da Mancomunidade, na igrexa de Santa Baia de Boiro, na rúa Principal, na estrada xeral de Cabo de Cruz e en Escarabotiño”.

Todo o material recollido nos colectores instalados é trasladado á planta da que dispón a empresa xestora para a súa clasificación segundo o destino final. Aqueles residuos que non poden ser reutilizábeis son tratados cun xestor integral de residuos para a súa reciclaxe e a reutilizábeis clasificase.

No ano 2023 rexistrouse un 26% de residuos téxtiles reutilizábeis e un 34% de roupa non reutilizábeis pero que se pode transformar para volver empregar.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.