O PSOE da Coruña presenta a súa lista “para defender os intereses de Galicia”

15 Xaneiro 2024

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña presentou oficialmente ante a xunta electoral a súa lista para as vindeiras eleccións autonómicas na provincia. Estivo presente o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, xunto aos e ás integrantes da candidatura.

Fernández Piñeiro destacou que a lista está composta por “compañeiros e compañeiras históricas desta formación e tamén por novas caras que entenden que o Partido Socialista é a única opción para garantir o futuro das galegas e dos galegos”.

O secretario xeral provincial aposta por “poñer en valor o que está facer Pedro Sánchez por Galicia dende o Goberno de España”. Pola contra, lembrou que “os intereses dos galegos e das galegas non se defenden indo nun autobús electoral por un rural onde hai tempo que non hai autobuses, cun condutor que leva moitos anos xestionando de xeito desastroso ese transporte metropolitano”, en referencia a Alfonso Rueda, engadindo que “ese intereses deféndense, por exemplo, votando a favor do incremento das pensións, que vai favorecer a máis de 800.000 pensionistas en Galicia, un cuarto da poboación”.

“Deféndense tamén”, continuou o socialista, “coa aprobación dos descontos e bonificacións da AP-9”. Destacou que “dende o PSdeG xa se está a traballar, con José Ramón Gómez Besteiro, que é presidente da Comisión de Transportes no Congreso, para lograr o obxectivo histórico da gratuidade total e absoluta desta autoestrada”.

En referencia á cuestión dos granulados plásticos que están a chegar ás nosas praias, Fernández Piñeiro denunciou que “o o PP está mentindo e difamando, aplicando o mesmo manual que xa aplicaron co Prestige, do que xa sabemos as consecuencias”. E engadiu: “O Goberno galego actúa tarde, mal e arrastrado pola presión social e dos medios de comunicación, instalado na confrontación constante e non na busca de solucións”, critica o socialista.

Por outra banda, a cabeza de lista, a independente Patricia Iglesias, quixo en primeiro lugar “dar as grazas aos compañeiros e compañeiras da familia socialista por acollerme neste partido, que coincide cos ideais que teño dende que teño uso de razón”. E engadiu: “Son unha muller progresista, letrada da Xunta de Galicia, con vocación de servizo público dende hai case 20 anos e me sinto plenamente identificada co proxecto progresista que lidera Besteiro”.

Julio Abalde, número 2 da candidatura e anterior reitor da UDC, explicou pola súa banda que “como vello militante do partido e unha vez finalizadas as miñas responsabilidades como reitor, é o momento de axudar ao Partido Socialista e, sobre, todo, axudar a Galicia a desenvolver o proxecto innovador e progresista que representa Besteiro”. E concluíu: “Galicia precisa ambición, ideas innovadoras, avanzar conxuntamente con toda a sociedade para lograr un futuro baseado no coñecemento, no talento, na innovación e na mellora continua”, sinalou o profesor e experto en microbioloxía.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...