O pleno da Eurocámara incluirá un debate sobre a contaminación na costa galega a instancias do BNG

10 Xaneiro 2024

A proposta da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a través do grupo Verdes – Alianza Libre Europea, o vindeiro pleno da Eurocámara (previsto para a vindeira semana en Estrasburgo) incluirá un debate sobre a contaminación na costa galega provocada pola vertedura de granulados plásticos do buque mercante Toconao.

“Como eurodeputada galega do BNG acabamos de conseguir que a semana vén no pleno de Estrasburgo poida celebrarse un debate específico e urxente sobre a situación da marea dos pélets en Galiza”, explicou Ana Miranda, engadindo que o debate “vai falar da solidariedade así como da grave situación pola que atravesan os concellos e o voluntariado”.

Segundo manifesta a eurodeputada nacionalista “é unha gran noticia” que a Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo – onde se negocian as urxencias e os textos que entran nos plenos- “aceptase hoxe a nosa proposta urxente de que a semana que vén no pleno poida haber un debate sobre a situación que se está producindo de marea plástica no noso país”.

Seguridade marítima

Ana Miranda defende que Europa “ten moito que dicir” xa que por un lado, a inclusión do Corredor de Fisterra como zona altamente sensíbel para a Organización Marítima Internacional (OMI) permitiría establecer normas máis estritas e esixir maior responsabilidade por parte dos operadores de embarcacións e do control do tráfico marítimo. Por outro lado, lembra que actualmente estase modificando a Directiva 2009/21/CE referida ás bandeiras de conveniencia, posta en marcha tras o accidente do Prestige.

“É fundamental que se aprobe e entre en vigor a revisión do paquete de seguridade marítima da Unión Europea e a revisión do Convenio MARPOL 73/78 da Organización Marítima Internacional (OMI), incluíndo a eliminación da contaminación procedente de microplásticos a partir de contedores”, salienta a eurodeputada do Bloque.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.