O Partido Popular de Ribeira denuncia o primeiro incumprimento do tripartito en relación á posta en marcha do aparcamento do centenario.

04 Xaneiro 2024

Segundo nos din os populares logo de convocar á presa e sen avisar un pleno extraordinario o executivo local non foi quen de ter en conta a incapacidade para poder cumprir o regulamento en tempo e forma poñendo de manifesto dende o primeiro día a inoperatividade do acordo.

É así como se pode comprobar que no artigo 7 referido ao horario de apertura das instalacións se imcumpre o primeiro punto:

  1. O aparcamento estará en servizo as 24 horas os 365 días do ano.

E vista a disposición final:
O presente Regulamento entrará en vigor cando unha vez aprobado definitivamente polo Pleno da corporación e publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia.

Vese, din, polo tanto, que hoxe mesmo entra en vigor un regulamento que xa non se pode cumprir e que debería ter prevista unha disposición transitoria que amparase este atraso pola conseguinte licitación coa que xa debera contar co executivo local.

A pesar de ser os grandes defensores das municipalizacións hoxe comprobamos din os populares, o anuncio de outra licitación (a do persoal), argumento que tamén utilizaban para exculparse ante a ausencia na ordenanza fiscal dos prezos para as cargas eléctricas cando era algo sinxelo de ter calculado e evitaría contratempos en caso de que esa licitación quedase deserta.

Con respecto á toma de posesión do aparcamento, este grupo recórdarlle ao alcalde que a sentenza pode poñer condicións na toma de posesión do ben sen que o executivo municipal presentase ningunha documentacion ao respecto.

Por último, celebramos que dende o executivo se desen conta, aínda que tiveran que pasar bastantes días, de que o lugar destinado á instalación das atraccións de feira non era apropiado nin para eles nin para a veciñanza, xa que ademais de non resultar un lugar adecuado para o desfrute dos nenos en pleno inverno conlevou á inutilización de numerosos aparcadoiros disuasorios na zona máis cercana al centro urbano.

A pesar de ter presentado en tempo e forma unhas alegacións que tiñan como único obxectivo o de aportar ideas en positivo, lamentamos novamente que o tripartito non estimase ningunha delas máis que a que viña imposta por Lei.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular reivindicouse xa nos mes de maio a primeira hora gratuita, que cos bonos do comercio podería chegar a unha hora, como reclamo para toda a veciñanza que chegada das parroquias pouidese dispoñer dun tempo prudencial para facer un recado. Tamén reclamábase a diferenciación de zonas por plantas buscando así a rotación dos vehículos e non a sobrecarga de aboados sen límite que o regule.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.