O mosteiro de San Martiño Pinario acollerá a exposición que conmemora os 55 anos da liturxia en galego

22 Xaneiro 2024

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da exposición 55 anos da liturxia en galego (1969-2024), impulsada pola Editorial SEPT e producida por Merlín Comunicación co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Arcebispado de Santiago de Compostela.

Valentín García destacou que se trata “dunha mostra que recolle unha parte da nosa historia lingüística recente á que non adoitamos prestarlle atención, a pesar de que ten claras repercusións na actualidade”. “Se queremos que o galego se empregue en todos os ámbitos da vida, hai que ser consciente dos avances e dos retos que se lle presentan tamén en espazos como o da liturxia ou, en xeral, a relixión, coa que mesmo as persoas non crentes teñen contacto en enterros, festas patronais etc. e esta exposición é un camiño para coñecelos”, abundou o representante da Xunta de Galicia.

Canda o representante de Política Lingüística tamén participaron neste acto, que acolleu o Mosteiro de San Martiño Pinario, Charo Baleirón, coordinadora do departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas; Silvestre Gómez, comisario da exposición; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Francisco Xosé Prieto, arcebispo de Santiago de Compostela.

55 anos da liturxia en galego

Composta por seis paneis, a mostra recolle o percorrido da lingua galega na liturxia nestes 55 anos partindo da aprobación, en 1963, do uso das linguas vernáculas na liturxia no Concilio Vaticano II ata a aprobación, cinco anos máis tarde, do galego como lingua litúrxica nas dioceses de Galicia. Unha nova que se faría pública o 7 de xaneiro de 1969, con gran repercusión na situación social do momento.

Parte fundamental deste fito foron tamén as primeiras traducións ao galego dos textos litúrxicos como o Misal Romano ou a Biblia, que o Goberno galego volve editar a día de hoxe en colaboración con SEPT co obxectivo de levar a lingua a todas as parroquias galegas.

As persoas interesadas poderán visitar a mostra no claustro pequeno do Mosteiro de San Martiño Pinario, onde estará dispoñible ata o 29 de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.