O lume leva por diante 500 nasas nun peirao de Cambados

03 Xaneiro 2024


Un lume tivo lugar na rúa do muelle de Santo Tomé, no porto da localidade de Cambados, e queimou un lote que contiña arredor de cincocentos aparellos de pesca e que estaba almacenado ao aire libre.

Cando o primeiro particular chamou ao 112 Galicia, informou de que o incendio se declarara preto dunhas embarcacións. Nada máis recibir este aviso, informouse aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil e a Protección Civil de Cambados.

Os servizos de emerxencias presentáronse no lugar con celeridade e extinguiron o lume, evitando así danos maiores.

Outros artigos

Domingo 9, ceos cubertos e chuvias

Este domingo, Santa Polonia, o país situarase nunha área intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do suroeste que achegarán moita humidade. Como consecuencia, espérase unha xornada de ceos cubertos e precipitacións de pouca intensidade, que poderán...

+

O núcleo de Outeiro (Araño) xa conta con firme renovado

O Servizo de Obras do Concello de Rianxo vén de executar a renovación do firme con asfalto en quente na aldea de Outeiro, na parroquia de Araño. A vindeira semana o Servizo de Obras comezará os traballos para renovar o firme no núcleo de Adadelos (Asados), así como no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión