O Goberno levará a banda larga a 88 fogares e negocios de Dodro que carecían deste servizo

02 Xaneiro 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes 2 de xaneiro o Concello de Dodro, onde mantivo un encontro o alcalde Xabier Castro, co obxectivo de analizar os proxectos impulsados polo Executivo local con fondos e recursos estatais. Tamén tivo ocasión de avaliar rexedor as posibles vías de colaboración do Goberno de España para continuar coa mellora dos servizos públicos.

No transcurso da reunión, o delegado supervisou a mellora da iluminación pública municipal (máis sustentábel e eficiente) ou a intervención de Costas para restablecer os ecosistemas e os espazos degradados nas brañas a carón do Ulla, unha intervención que permitiu retirar as árbores inestábeis ou enfermas e eliminar as especies alóctonas e invasoras ao longo dunha franxa costeira de máis de 6 quilómetros neste espazo de especial valor ecolóxico.

Estas iniciativas súmanse ao proxecto para completar a extensión da banda larga no concello no marco do Programa Único do Goberno central, que vai permitir levar a conexión de Internet de altas prestacións a 88 familias e empresas que ata agora carecían deste servizo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.