“O domingo, cita en Santiago na defensa do mar de Galicia” – Antón Luaces

19 Xaneiro 2024

As que se entenden como “deficiencias” na xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros de Galicia. mobiliza ás entidades do sector, plataformas de defensa das rías galegas e ONG. Esta mobilización ten como punto referencial á capital galega: Santiago de Compostela, onde confluirán este domingo, 21 de xaneiro, todos cantos -antes, agora e sempre- senten polo mar algo máis que atracción. A referencia máis directa para eles é a crise marisqueira e a non xestión axeitada da vertedura de pélets. Unha concentración, a de Compostela, baixo o lema “En defensa do noso mar”. Porque se trata de defender o máis grande tesouro que os gobernos de Galicia e de Madrid, non souberon defender na liña das esixencias dos que viven e morren nese mar.

Trátase de por en evidencia a tardanza e a falta  de coidado das administracións fronte á ameaza da chegada masiva de materiais plásticos e a “impunidade” coa que circulan “todos os anos” milleiros de toneladas deses materiais plásticos fronte ás costas da comunidade autónoma galega, así como “a práctica indefensión do noso litoral fronte aos riscos derivados deste tráfico, ,segundo recolle un comunicado feito público pola asociación “Mulleres Salgadas”, unha das entidades convocantes da antedita mobilización.

Reclaman “unha mínima coordinación para facer fronte ás consecuencias destas verteduras e unha maior transparencia na información ao público de como se usan os medios aéreos, marítimos e as imaxes satelitais e de oceanografía operacional no control do tráfico e seguimento das verteduras, e medidas de intervención no mar para evitar que estas cheguen ás nosas costas”.

Demandan asemade da Xunta a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) un estudo interdisciplinar independente e integral; un plan de rexeneración dotado economicamente; regulación e publicidade do protocolo de desencoros; cobertura económica a TODO o sector do mar (mariñeiros, mariscadoras e confrarías) mentres se manteña o cese de actividade; un plan de actuación contra verteduras ao mar e aos ríos, e control sanitario das importacións de marisco.

Outros artigos

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...

+

“Elecciones USA” – Manuel Domínguez

Hoy, en octubre de 2024, ante las elecciones presidenciales en USA,¿ los nietos de aquella ridícula epopeya radiofónica, seguirán el curso de sus abuelos, o serán seres racionales, medianamente inteligentes?. El 30 de octubre de 1938 se inició la retransmisión del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tamén ti, Errejón?!”. Xulio Xiz

“Tamén ti, Errejón?!”. Xulio Xiz

As persoas estamos dotadas dun sentidiño que nos fai distinguir entre o correcto e o incorrecto e entender que a nosa liberdade – dereito máximo, vital – remata cando colisiona coa liberdade de outro. Cando souben da dimisión de Errejón por agredir dereitos...