O Concello do Son acondicionou camiños e canalizacións nunha ducia de núcleos

30 Xaneiro 2024

O Concello de Porto do Son comezou o ano con varias iniciativas de acondicionamento en arredor dunha ducia de núcleos tradicionais, poñendo o foco na posta a punto dos accesos e das infraestruturas. Estes proxectos centráronse sobre todo en optimizar estradas, camiños e canalizacións e tamén en achegar máis seguridade, limpeza, mobilidade e accesibilidade. Actuouse en Xío (Noal), en Miñortos e tamén na Arnela, no Outeiro e na vila de Porto do Son, poñendo a punto as tubaxes de auga.

Acondicionamento e limpeza do núcleo de Xío e dos seus accesos.

Acondicionamento de fontes na parroquia de Miñortos e Noal, dos seus accesos e da súa contorna.

Reparación nas tubaxes de auga realizadas nestes días nos núcleos da Arnela e do Outeiro e na vila. de Porto do Son

Acondicionamento de accesos en Orellán, na parroquia de Baroña.

Acondicionamento de accesos en Valcunqueiro, en Goiáns.

Limpeza e acondicionamento no núcleo do Outeiro, en Porto do Son, e en Xuño.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...