O Concello de Outes dá a coñecer o “palmarés” do seu concurso de decoración de Nadal

10 Xaneiro 2024

O Concello de Outes compartiu os nomes da veciña e da empresa gañadoras do concurso de decoración Nadal en Outes, unha actividade inserida na programación cultural e de lecer que organizou o Consistorio nestas festas que veñen de rematar. A edición deste ano contará con dúas categorías distintas: establecementos comerciais e particulares. O concurso, que tivo unha presenza destacada nas redes sociais, a través de Facebook e Instagram, estivo aberto ás persoas, a titulo particular, que adobiaran as fachadas, balcóns ou xardíns da súa propiedade; e establecementos comerciais e outras entidades (comercios, negocios ou outros establecementos públicos que decorasen as súas fachadas, escaparates ou vidreiras, etc).

O escaparate da Floristería Axerra

Os gañadores da edición deste ano do concurso de decoración resultaron ser:

Na categoría de establecementos comerciais: Floristería Axerra

Na categoría de particulares: Nadal enRates, de Graciela Vara Especht

Dende o Concello agradeceron a todos os particulares e establecementos que participaron nesta edición e felicitaron ás gañadoras.

Estes son os premios que lles corresponden:

-Un premio para os establecementos comerciais de 150 euros.

-Un premio para particulares de 150 euros.

A decoración premiada de Graciela Vara

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.