O Concello de Muros garante o seu “compromiso e colaboración” coas carrilanas de Esteiro

24 Xaneiro 2024

O Concello de Muros emitiu un comunicado no que mostra o seu total “compromiso e colaboración” co Gran Prix de Carrilanas e co Festival das Carrilanas de Esteiro. Este compromiso, segundo garante o Goberno local, desenvolverase exactamente igual que “como ata o de agora”. O comunicado vén a conto para clarificar a postura do Consistorio perante un conflito que lle é alleo e que se remonta a 2019, e no que están implicados, pero non na súa vertente pública, a concelleira de Cultura e o presidente do festival muradán Castelo Rock.

O Concello engade que as carrilanas de Esteiro “son unha Festa de Interese Turístico Nacional” e “unha prioridade para o grupo de Goberno local, cunha colaboración orzamentaria por parte do Concello que por suposto manterase e está garantida”. Dende o Consistorio lembran que “hai un proceso xudicial aberto e hai que respectalo”, en referencia ao devandito conflito.

A alcaldesa María Lago sinalou que “quero trasladar unha chamada á calma e o diálogo, xa que neste tipo de liortas ninguén gana”. A rexedora quixo facer público “de primeira man o posicionamento do grupo de Goberno para que quede claro”. E engadiu: “Debemos ter altura de miras e priorizar sempre o ben común, mantendo o respecto para todas as partes”, remata o grupo de Goberno local.

Por último, o Concello empraza aos organizadores das carrilanas a unha reunión para trasladarlles o apoio do Goberno local ao evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.