O Concello de Boiro repartirá 4.600 euros en premios no tradicional concurso de disfraces e carrozas do martes de Entroido

31 Xaneiro 2024
Presentación do programa do Entroido de Boiro, celebrada a semana pasada

O Concello de Boiro convoca para o vindeiro martes 13 de febreiro o tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco da programación cultural do Entroido 2024. Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados en categoría individual, grupos e carrozas que suman os 4.600 euros.

Poderán participar neste concurso todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen. As persoas participantes deberán participar no desfile que sairá ás 18.00 horas da praza de Galicia e percorrerá as rúas de Boiro para que o xurado faga a súa valoración dos mellores disfraces.

Haberá tres modalidades distintas. A individual ou parella será para persoas maiores de 13 anos; grupos, que estará formado por un mínimo de tres participantes maiores de 13 anos e cunha temática común; e carrozas, consideradas estas como un aparello móbil conformado por unha plataforma acorde á temática do grupo, que deberá estar formada por un mínimo de catro persoas.

As inscricións están abertas e poden formalizarse presencial no Centro Social de Escarabote de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, ou no enderezo electrónico leopoldo.portela@boiro.gal antes do xoves 8 de febreiro ás 13.00 horas. Tamén se poderán facer inscricións no mesmo día do desfile entre as 16.30 e as 17.30 horas.

As bases do concurso e a documentación de inscrición está dispoñíbel para a súa consulta na páxina web municipal www.boiro.gal.

Outros artigos

Día das Letras pasado por auga e temperaturas suben baixas

Continuamos durante o venres con inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos acompañados de tormenta. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos das máximas. Os ventos soprarán do noroeste, frouxos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...