O Concello de Boiro organiza unha visita a Padrón no marco das actividades para conmemorar a Rosalía

10 Xaneiro 2024

O mes de febreiro festexase o nacemento de Rosalía de Castro e, con ese motivo, o Concello de Boiro organiza actividades para conmemorar o legado da poeta. O vindeiro 3 de febreiro celebrarase unha visita cultural a Padrón para facer un roteiro polos lugares emblemáticos relacionados con Rosalía.

A saída terá lugar o sábado 3 de febreiro en autobús dende Boiro ata Padrón onde, ás 10.00 horas, terá lugar un roteiro rosaliano polo municipio guiado polo especialista Manuel Lorenzo Baleirón. Ás 12.00 horas celebrarase unha visita teatralizada con Os Quinquilláns na Casa de Rosalía (A Matanza)

A mediodía terá lugar un xantar, que poderá ser libre ou con reserva previa no restaurante Scala de Padrón. A saída cultural continuará pola tarde coa visita ao convento de Herbón ás 16.30 horas e regreso a Boiro ás 18.00 horas.

Máis información sobre a actividade e inscricións na mesma na Casa da Cultura de Boiro ou no 981 84 84 25 ata o vindeiro 25 de xaneiro.

A Casa de Rosalía en Padrón

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.