O Concello de Boiro colabora con Comprarcasa Miraben nunha recollida solidaria de xoguetes a favor de Cáritas

03 Xaneiro 2024

O Concello de Boiro colabora este Nadal con Comprarcasa Miraben nunha recollida solidaria de xoguetes a favor de Cáritas Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, participou esta mañá na entrega dos xoguetes xunto cos representantes da empresa, Fernando Casas e Leticia Domínguez, e a directora de Cáritas, Guadalupe Tubío.
Máis de 300 xoguetes foron os que se recolleron nesta campaña que comezou o día 1 de decembro e rematou este martes 2 co obxectivo de que ningún cativo quedase sen xoguete no Nadal. “Empezamos con pouquiños xoguetes e pouco a pouco fomos vendo que medraba e que máis persoas se animaban a doar os seus xoguetes”, afirmou Fernando Casas.
“Recollemos moitos puzzles, libros, xoguetes educativos… polo que quedamos moi satisfeitos co resultado e agardamos poder repetir a campaña en vindeiros anos”, afirmou Leticia Domínguez. O que se recolleron foron xoguetes novos e en bo estado que agora Cáritas vai clasificar para doar ás familias do municipio.
Arredor de 40 nenos e nenas son aos que chega esta campaña de recollida e que contarán cun xoguete novo este Nadal. “É unha sorpresa moi agradable a cantidade de xoguetes que se doaron e que permiten chegar a todas as familias, un broche á campaña de Nadal que comezou coa recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que nos permitiron atender as demandas neste Nadal”, recoñeceu Guadalupe Tubío de Cáritas Boiro.
O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a todas aquelas persoas que doaron o seu xoguete e deulle os parabéns á empresa pola iniciativa.
“O potencial das empresas de Boiro móstrase con accións sociais como esta, que van permitir que todos os nenos e nenas de Boiro teñan o seu xoguete no Nadal”, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.