O Concello da Pobra recibirá aos Reis Magos cunha intensa xornada de actividades (e con visitas a todos os lugares e parroquias)

02 Xaneiro 2024

Previamente ao seu paso polos fogares para repartir as peticións da rapazada, Os Reis Magos visitarán A Pobra do Caramiñal no 5 de xaneiro, segundo anunciaron este luns a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, e a técnica municipal Sara Sánchez.

Será unha intensa xornada que arrancará ás 10.30 horas co desfile das súas maxestades os Reis do Oriente en vehículos descubertos, coa saída dende A Ribeiriña, para chegar a tódolos lugares e parroquias. O itinerario poderase seguir en directo a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal e, a posteriori, colgarase tamén na canle do Youtube para que queda gardado para o recordo.

Logo de chegaren ao núcleo urbano, collerán folgos para, xa pola tarde, desfrutaren da tradicional cabalgata, que partirá ás 17.30 horas do polideportivo municipal de Venecia. Pero, antes, desprazaranse até a Residencia de Maiores e o Centro de Día para saudar as persoas usuarias.

O percorrido decorrerá a carón do paseo dos Areos, para parar no portal de Belén, na praza Alcalde Segundo Durán, con ocasión da ofrenda, e continuar pola rotonda da Covecha cara ás rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata a Casa do Concello, onde terá lugar a recepción. A comitiva completarase con Sarao Animación, Trécola, Charanga Furruxa e Trópico de Grelos. En caso de chuvia, toda a actividade da tarde desenvolverase no referido pavillón.

Repartiranse, no total, 1 500 quilogramos de caramelos sen glute.

No que respecta ao dispositivo, participarán a Policía Local e maila Protección Civil, ademais de contarse co habitual servizo de ambulancia para actos multitudinarios. A edil tamén quixo “agradecer a colaboración da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, que presta algunhas das indumentarias empregadas; de Arrancadeira, que estará presente no portal de Belén; e das máis de corenta persoas voluntarias que botarán unha man durante a estadía de Melchor, Gaspar e Baltasar”.

A maiores, enviáronse unhas 400 cartas a crianzas con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos despois de que os Reis Magos lle solicitasen á Administración local contactaren cos nenos e nenas por vía postal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.