O Concello da Coruña bota man de máquinas para retirar as bólas de plástico

08 Xaneiro 2024

O Concello da Coruña mobilizou máquinas para limpar as praias do vertido de pellets, logo de ter localizado a súa presenza en areais como As Lapas, Bens e O Portiño, nun primeiro intre, e despois en praias como Orzán. Precisamente a este areal a Concellería de Medio Ambiente enviou maquinaria á praia do Orzán para recoller este material.

Dende o Concello laiáronse do papel que está a desempeñar a Xunta: “A día de hoxe, non enviou a ninguén nin se puxo en contacto connosco”. Dende María Pita critican que o Goberno autonómico non estivo á altura das circunstancias, e segue sen estalo.

Outros artigos

Rianxo acolle o sábado un obradoiro audiovisual para a rapazada

O Auditorio Municipal de Rianxo vai ser o escenario dun obradoiro formativo que mostrará os segredos da filmación ás novas xeracións rianxeira. Trátase do Obradoiro Audiovisual Crea a túa curta, organizado pola Asociación Alberto Romero coa colaboración do Concello de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.