“O CIAIM da a razón a un sobrevivente do naufraxio en Terranova do Villa de Pitanxo”. Antón Luaces

31 Xaneiro 2024

Samuel Koufie, mariñeiro ghanés e residente galego, sobrevivente do afundimento en augas de Terranova do pesqueiro galego Villa de Pitanxo, tiña razón cando acusou ao patrón do buque, José Enrique Padín, de nikn ter feito o que debía  cando, na mencida do 15 de febreiro de 2022, recollían e “metían” a bordo os aparellos cunha gran copada de peixe. 

Así se tira do informe que a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) coñecido este mércores, que conclúe que o naufraxio do pesqueiro de Marín-no que faleceron 21 dos seus 24 tripulantes- foi “un erro humano do capitán pola falta de percepción cabal do risco de afundimento que supoñía a manobra que realizou no seu intento de librar o embarre do aparello do fondo mariño, con mar e vento de popa e a tolva de descarga de refugallos aberta, o que poñía en grande risco a seguridade do buque e os seus tripulantes”.

Para o CIAIM, a demora coa que o patrón dou a orde de abandono de buque á tripulación, condicionou a realización desta operación de xeito ordenado “e con algunha probabilidade de éxito”.

Pola outra banda, o descoñecemento ou “falta  de familiarización dos tripulantes coas súas obrigas e funcións atribuídas no  cadro orgánico para situacións de emerxencia”, foi outro factor contribuínte do accidente, poñendo en dúbida a formación a bordo e a falta de realización de exercicios periòdicos de abandono de buque, feito que amáis do patrón, implica á casa armadora.

Un dos factores que inciden neste accidente é a carencia dunha escada na parte de estribor, dende a cuberta de oficiais. que constituiría un medio rápido de evacuación dende a cuberta aberta á intemperie e ao mar, cara as balsas salvavidas.

Nas súas conclusións, o CIAIM determina que as malas condicións do mar -que cualifica de adversas-e meteorolóxicas que habìa no lugar, se ben non eran de estrema dureza  como para a consellar poñerse á capa agardando unha melloría no tempo, sen dúbida dificultaría a manobra para librar o embarre.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...