O BNG denuncia o verquido de toneladas de micro plásticos na costa de Muros- Noia

05 Xaneiro 2024

O BNG denuncia a emerxencia medioambiental provocada polo verquido de toneladas de micro plásticos de propileno (pellets) ó mar trala perda de varios contedores dun barco que navegaba polo corredor de Fisterra.
Desde a semana do 11 de decembro empezaron a aparecer sacos cheos de boliñas de plástico a praias de Ribeira, despois chegaron a Porto do Son, a Noia e desde fai uns días en Muros.
Algúns dos sacos rebentaron e chegan coas mareas inundando de branco a area. A situación é gravísima, a dificultade para a limpeza de partículas tan pequenas, que se mesturan coa area fai máis necesaria aínda toda a axuda posible das administracións, pero os concellos atópanse sos nunha situación que recorda os primeiros días da marea negra do Prestige.
A alcaldesa de Muros recibiu fai tres días a chamada da demarcación de costas, advertíndolle da necesidade de ir recoller os sacos que chegaran á praia de Area Maior, ela xa tiña constancia por parte de particulares e xa mandara persoal do concello a recollelos, preguntou cal era o protocolo, cando ían mandar efectivos, “ dixéronme que o protocolo era que limparamos con coidado de quitar todas as boliñas de plástico retirando a menor area posible.
Tivemos que mandar o Ges con vasoiras, porque cos enciños non se dá collido, e co tractor de limpeza de praias xa non das collido nada, está para lixo máis grande”. María Lago di “ que se senten abandonadas polas administracións”.
En Ribeira pasou o mesmo fai unhas semanas, ninguén foi axudar, Antía Alberte, concelleira de Medio ambiente “na Xunta dixéronnos que agardáramos, a ver si a empresa mandaba a alguén e se facía cargo, pero tíñamos claro que se non limpábamos antes de que rebentaran os sacos e se verteran ó mar ia ser peor, e mandamos operarios a recoller máis de 53 sacos”.
O desastre medioambiental aínda non pode predicirse, porque as boliñas de plásticos seguen descompoñéndose e sendo inxeridas por toda a cadea alimentaria.
Rosana Pérez, deputada do mar do BNG, recorda a situación dramática na que se atopa o sector nestes momentos “ o sector do mar, tanto en Muros Noia, como na Barbanza, leva desde outubro parado, con grandes perdas económicas, xa que perderon toda a campaña do nadal, e sen ningún apoio por parte da Xunta e agora este novo desastre incide outra vez no mesmo sector, se non se atalla o problema antes de que o plástico chegue á cadea alimentaria , a situación económica pode ser máis precaria aínda ”. Pérez informa das iniciativas parlamentarias que o BNG rexistrou hoxe mesmo no Parlamento do Estado para solicitar información do MITECO sobre as actuacións que ten previsto levar a cabo o goberno do estado, que é o que ten competencias en salvamento e loita contra a contaminación marítima.

Por outra banda, Pérez manifesta que “é incomprensible que a Xunta non teña exixido do Estado actuacións inmediatas, e que non teña posto a disposición dos concellos todos os medios necesarios para recoller os verquidos”, Pérez insiste en que “Rueda debe baixarse do autobús electoral e atender os problemas reais da nosa xente do mar”

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...