O que fose secretario xeral do PSdeG e actual fundador de Espazo Común, Manuel ‘Pachi’ Vázquez, rexistrou este xoves na Xunta Electoral de Galicia a coalición Espazo Común Galeguista co obxectivo de presentarse nas catro provincias galegas.
Espazo Común e Unidade Local asinan esta coalición á que o exdirigente socialista e actual concelleiro de Espazo Común no Carballiño (Ourense) espera que se unan máis partidos co obxectivo de concorrer ás eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro.
Tal como detallou o propio Pachi Vázquez na sede da Xunta Electoral de Galicia, contan con candidaturas para as provincias da Coruña, Lugo e Ourense e esperan pechar nos próximos días unha lista pola provincia de Pontevedra.

O fundador de Espazo Común, Pachi Vázquez, rexistrou a coalición Espazo Común Galeguista no Parlamento de Galicia. Remitida



