Na Pobra, a viaxe a Eurodisney patrocinada por CONGALSA e impulsada polo Concello xa ten gañadora

11 Xaneiro 2024

A Pobra acolleu este xoves 11 de xaneiro a entrega do premio á gañadora da viaxe familiar a Eurodisney patrocinada pola empresa GONGALSA, no marco da campaña de Nadal municipal Consigue caramiñas, reparte Nadal. No acto participaron o alcalde José Carlos Vidal, a concelleira Amparo Cerecedo e, tamén, a directora das Relacións Externas da empresa CONGALSA, Isabel Cañas.O premio en cuestión foi dar a Araceli Rivas García, quen poderá desfrutar da viaxe xunto a tres persoas máis. Ademais, no nome da CONGALSA, tamén participou no acto Irene Souto, adxunta á dirección das Relacións Externas e técnica en compliance da empresa.

A viaxe, cortesía da CONGALSA, é o gran premio final a unha campaña que pretendeu “incentivar as compras e dinamizar o comercio do concello da Pobra durante a época do Nadal”. En concreto, puideron participar na iniciativa todas aquelas persoas que subisen ó seu perfil do Instagram unha foto diante dun dos photocalls identificados como Recunchos do Nadal e dispostos en diferentes puntos da Pobra do Caramiñal. O único requisito para participar era mencionar xunto á foto, e de forma pública nesta rede social, a conta @caraminhasnapobra.

Responsabilidade social corporativa

Para a directora das Relacións Externas da CONGALSA, o patrocinio deste premio demostra o apoio da empresa (no marco da súa política de responsabilidade social corporativa) ao seu medio social máis inmediato, promovendo e apoiando diversas iniciativas de carácter social, deportivo e cultural, principalmente: “Unha política que seguiremos a desenvolver en 2024, xa que temos claro que o noso compromiso con toda a comarca do Barbanza vai continuar a ser unha das pedras angulares da nosa gobernanza na área das Relacións Externas”, engadiu Cañas.

Pola súa banda, a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo Sánchez, valorou de maneira moi positiva tanto o desenvolvemento da campaña coma os resultados obtidos: “A campaña, que arrincou no 3 de decembro no Instagram, foi un completo éxito tanto polo número de participantes, pois en 33 días foron preto de 3 900 participacións, coma nas dinámicas que xerou como un maior achegamento da xente moza ao comercio local”. E engadiu: “As caramiñas supuxeron un investimento de máis de 10 000 € en premios, 42 persoas premiadas e unha identificación plena coa nosa vila, pois deu a coñecer algo que forma parte da nosa orixe coa utilización do nome Caramiña. Polo tanto, querémoslle agradecer á empresa CONGALSA a súa participación na campaña e, ante o éxito, valorarase continuala noutras datas”, concluíu a edil.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.