Karin Kuijper expón as súas pinturas na Casa da Cultura da Pobra

31 Xaneiro 2024

As paredes da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal vestiranse de escenas costumistas holandesas e galegas coas pinturas de Karin Kuijper. Nacida en Utrecht, nos Países Baixos, pero residente en Rianxo dende hai uns anos, a artista practica a arte naif, con moita cor e fantasía.

A apertura da exposición terá lugar no 2 de febreiro, ás 20.00 horas, durante a cal intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a propia pintora. Barahúnda encargarase de lle pór un toque musical ao acto.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.