Goiáns celebra esta fin de semana as Festas na Honra de San Mauro

11 Xaneiro 2024

Goiáns (Boiro) vai acoller os vindeiros días, o sábado 13 de xaneiro e o domingo 14, as Festas na Honra de San Mauro. Haberá actividades para a rapazada, música e baile tradicional da nosa terra cunha chea de agrupacións locais e do Barbanza, actividades litúrxicas (unha misa solemne no propio Pazo de Goiáns) e, por suposto, exaltacións gastronómicas (por exemplo unha queimada ou unha festa dos callos e da empanada). Organiza a Asociación Cultural San Mauro coa colaboración do Concello de Boiro.

A continuación damos conta do programa.

Sábado 13 de xaneiro

16.30h – Serán infantil con chocolatada: Arrancadeira, Pedra da Aroña e Os de Abanqueiro.

17.30h – Serán tradicional San Mauro: Pedra da Aroña, Os da Boina, Arrancadeira, Nunca é Tarde, Lumieira, As Garridiñas de Castiñeiras, As Silalveiras de Corrubedo, Cantareiras amas de casa de Ribeira e As da Cobecha.

21.30h – Actuación Río de Anxo

23.00h – Queimada tradicional e foliada libre

Domingo 14 de xaneiro

9.30h – Alborada con Os Pequenos do Barbanza e Salgueiriños de Noia

12.00h – Bailes tradicionais con Pedra de Aroña e Asociación Abanqueiro

13.00h – Misa solemne no Pazo de Goiáns

14.00h – Festa gastronómica de callos e empanada

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.