“Exclusión financeira” – José Manuel Pena

16 Xaneiro 2024

Comisións e máis comisións, por todo. Por descuberto, por mantemento da conta, pola tarxeta, polo sobre, polo selo de correos, pola expedición dun caderno, por un extracto bancario, por unha transferencia e un longo etcétera de circunstancias. Calquera cliente bancario polo simple xesto de entrar nunha sucursal xa ten que pagar. Desde as entidades bancarias ofrécenlles a solución, acollerse á banca electrónica

Desde a propia Unión Europea xa se promulgou unha Directiva, no ano 1.992, pola cal falábase dun produto bancario como a conta básica gratuíta. Tratábase de acabar cos malos tratos bancarios aos maiores, evitando a cobranza de comisións polo só feito de ter unha conta aberta.

O noso país, ata o 2.017, non abordou legalmente sobre a inclusión financeira e o establecemento dun réxime gratuíto de contas de pago básicas en beneficio das persoas en situación de vulnerabilidade ou con risco de exclusión financeira. Actualmente o Goberno do Estado xa está a adoptar novas medidas para o respecto bancario cara aos seus clientes.

Lembrar que contra as comisións ilegais ou abusivas, temos a obriga de reclamar ante o departamento de atención ao cliente da entidade financeira e, se non se acepta a mesma, acudir ao Banco de España ou ben ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores ao obxecto de que se cumpra co Código das Boas Prácticas Bancarias e coa propia legalidade vixente, en materia bancaria.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.