Convocadas oposicións de ensino público para 1.743 prazas en máis de medio cento de especialidades

25 Xaneiro 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a través da Oferta Emprego Público docente de 2024, o Goberno galego convocará un total de 1743 prazas este ano para máis de medio cento de especialidades. “É a OPE máis alta dos últimos cinco anos”, salientou o mandatario galego, quen precisou que as probas celebraranse a partir do sábado 22 de xuño, unha vez remate o curso escolar.

O obxectivo desta convocatoria é consolidar a estabilidade do que é o piar do sistema educativo público, os docentes, co obxecto de seguir aumentando o número de mestres no ensino e mellorar a atención dos alumnado. Non en balde, segundo salientou o presidente da Xunta, das 1743 prazas, un total de 1512, o 86 %, son de novo ingreso. Delas, segundo precisou, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.

A maiores, as oposicións permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente. Deste xeito, Rueda avanzou que as 231 prazas restante son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).

Tanto o decreto de oferta de emprego público como as convocatorias foron presentadas ás organizacións sindicais na Mesa Sectorial, onde se analizou a distribución por especialidades, a reflectida nas seguintes táboas: Enlace

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.