“Catástrofe natural” – José Manuel Pena

08 Xaneiro 2024

O mesmo “modus operandi”. Xa sucedeu coa catástrofe ecolóxica do Prestige, e logo caláronse bocas co diñeiro dos orzamentos xerais. “A Xunta de Galicia pide calma ante a vertedura de pellets e reclama máis información…”. Isto, despois de pasar máis de tres semanas do sinistro dun buque mercante, coa caída dunha parte da carga, prexudicial para o ecosistema mariño e o medio ambiente.

Galicia, volve vivir outra catástrofe natural, con posibles produtos tóxicos e unha clara contaminación do medio mariño, e os responsables da Xunta de Galicia, como noutras ocasións, mirando para outro lado e trasladando as culpas á empresa armadora, ao goberno do estado, aos concellos, aos ecoloxistas, en definitiva aos propios galegos.

Para o noso gobernante nunca pasa nada, logo encargaranse de destinar unhas importantes partidas económicas, ás organizacións pesqueiras, para tentar minorar os danos ocasionados. E, como sempre, a maioría desas organizacións pesqueiras e marisqueiras tragarán coa publicidade enganosa da Xunta.

A que máis esperamos para abrir os ollos e darnos conta de que seguimos sendo meras marionetas en mans do poder absoluto do gobernante pesqueiro da Xunta de Galicia?. Estamos a falar da nosa supervivencia, do noso medio de vida, da nosa contorna natural. Pois, seguir sendo estraños na nosa propia terra. Desde logo eu, non quero ser cómplice.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.