Boiro mellora a súa subministración eléctrica grazas á UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy

24 Xaneiro 2024

Boiro vén de recibir unha serie de melloras nas súas instalacións eléctricas da man de UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, que investiu 356.000 euros en varias actuacións e obras no municipio boirense (A Coruña). Deste xeito, a compañía instalou un novo centro de transformación na parroquia de Abanqueiro, substituíndo o existente tipo intemperie, construíu unha nova liña de media tensión subterránea para alimentar o centro de transformación da Praia de Mañóns e catro liñas de saída en baixa tensión. Asemade, desmontou un tramo de liña de media tensión aérea.

Engadir que UFD tamén construíu na Coviña unha nova liña de media tensión aérea de preto de 500 metros con orixe nun novo apoio onde se instalou un interruptor telecontrolado e final nun novo centro de transformación e a súa rede de baixa tensión asociada.

Dende a compañía inclúen cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.

Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, “o investimento realizado é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético de Boiro, xa que as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución do municipio, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia no municipio.”

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.