Boiro homenaxeou aos deportistas e clubs do municipio na Gala do Deporte 2023

20 Xaneiro 2024

O Concello de Boiro celebrou este venres na Casa da Cultura de Boiro a Gala do Deporte 2023 que homenaxea aos deportistas e clubs do municipio máis destacados neste último ano.

No acto fíxose entrega de 71 premios a deportistas e clubs e unha mención especial que, nesta ocasión foi para Bárbara Gómez Oubel, piloto de rally boirense falecida no mes de setembro mentres disputaba a segunda edición do Rally del Valle de Laciana en León.

O acto que estivo presentado polo xornalista deportivo Terio Carrera contou coa presenza do alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o deputado provincial de Deportes, Antón Leira; e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

C.B.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.