Boiro celebra este venres a súa Gala do Deporte

16 Xaneiro 2024

Este venres 19 de xaneiro celébrase a Gala do Deporte 2023 do Concello de Boiro. A cita será no Consistorio, a partir das 20.00 horas. O obxectivo deste encontro é recoñecer ás e aos deportistas máis destacados do ano que vimos de pechar e da tempada 2022/2023.

Para a selección dos galardoados solicitouse información a todos os clubs deportivos e deportistas individuais do municipio, informaron fontes do Consistorio, concretamente a Área de Deportes, impulsora do evento. Deste xeito, a título individual ou colectivo valorarase ter acadado podio en campionatos galegos, como mínimo un 6º posto en campionatos de España, ata un 10º posto en campionatos europeos e ata un 20º posto en campionatos do mundo.

A título de club será recoñecido conseguir un ascenso de categoría, resultar gañador na correspondente competición ou ter acadado como mínimo un terceiro posto nun Campionato Galego ou un 6º nun campionato de España da modalidade deportiva que sexa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.