Pequena embarcación á deriva na costa de Muros

09 Xaneiro 2024

Un barco á deriva apareceu na costa de Muros pasadas as sete da tarde. Foi un particular o que viu á embarcación de recreo desde a praia de Area Maior, dando aviso ao 112 e informando de que non tiña tripulantes a bordo.

A lancha, con base na localidade muradá, soltouse do lugar no que estaba amarrada como consecuencia da acción da corrente. O 112 notificou o ocorrido ao Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo Fisterra, que mobilizou á Salvamar Régulus, con base en Porto do Son.

Os profesionais do equipo de salvamento desprazáronse ata o lugar, comprobando que efectivamente non había ninguén a bordo da embarcación. Tras isto, e unha vez informado o propietario da lancha, levou a porto, dándose por finalizada a operación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.